fbpx
Foto dun dos petróglifos roubados nas Neves / Cedida

Meten unha escavadora no monte para roubar dous petróglifos, un de 4.000 anos de antigüidade

Tempo de lectura: < 1 min.

Os veciños das Neves, en Pontevedra, non saen do seu asombro. Os comuneiros de Rubiós, unha das parroquias deste concello, acaban de informar do roubo de dous petróglifos dos seus terreos e o intento de roubar un terceiro. Un feito insólito dentro do patrimonio galego.

Cada unha das pedras gravadas pesaban máis de 500 quilos, polo que para comuneiros e arqueólogos é obvio que tiveron que empregar un camión ou unha pa con guindastre para poder movelas. Tamén quixeron levar outra, a máis grande, aínda que non puideron porque supera a tonelada de peso. Pero o petróglifo quedou danado.

Os dous petróglifos foron catalogados por Vicente Caramés e Manuel Alfonsín en 1991. Un dos gravados é unha retícula duns 4.000 anos de antigüidade, da Idade de Bronce e o outro é de cruces, polo que a súa cronoloxía é non superaría os 1.500 anos. Este roubo é un delito gravísimo contra o Patrimonio Cultural de Galicia, xa que son bens de interese cultural catalogados, polo que as sancións poden chegar ata vos 150.000 euros. A investigación está en mans da Garda Civil pero a colaboración cidadá é fundamental para colaborar no esclarecemento do caso. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...