fbpx
Dolmen de Dombate / turismo.gal

Polémica por permitir facer unha exposición de calceta no Dolmen de Dombate

Tempo de lectura: < 1 min.

Polémica en Bergantiños pola musealización do gran dolmen de Galicia, o de Dombate. Asociacións da comarca critican o modelo de xestión cultural no centro arqueolóxico “pola evidente falta de control” por parte da Deputación coruñesa.

Segundo advirten nun comunicado de prensa, esta situación “permitiu que este recinto de interpretación da prehistoria sexa utilizado estes días para unha exposición de calceta, cestos e outras manualidades”.

Iso, “transformando o que debería ser un centro de referencia do período megalítico en Galicia nun mero salón parroquial dependente dos caprichos e intereses do alcalde de Cabana, José Muíño Domínguez e o seu asesor cultural José María Varela Martínez”.

Por parte da Concellería de Cultura critican que se dea pé a falsas “polémicas” que intentan crear supostas “asociacións de unha ou dúas persoas anónimas movidas por intereses persoais”.

Pode que che interese...