fbpx
Estruturas da vila romana atopada en Proendos (Sober) a través de xeoradar / Concello de Sober

Atopada unha pequena cidade romana soterrada na Ribeira Sacra

Tempo de lectura: 2 min.

Un gran edificio con construcións asociadas duns 3.000 m2, con evidencias de baños no seu interior. Ao seu carón outros de menor tamaño asociados a rúas ou calzadas de paso. Isto é o que se ten atopado baixo a parroquia de Proendos, en Sober, ao carón da Ribeira Sacra.

Uns achados que levan a pensar a Estela Arqueoloxía e Patrimonio que se trata dun complexo entramado urbano, unha pequena cidade ou vila de época antiga que podería ter a súa orixe na época romana polos numerosos obxectos asociados a esta época atopados en toda a contorna.

De feito, no lugar existía a constancia da presenza dun xacemento arqueolóxico de gran tamaño do cal se teñen documentado numerosas pezas: columnas, cerámicas e material construtivo. En outubro de 2019 esta empresa realizou unha prospección con xeoradar en terreos nas proximidades da igrexa e os resultados non deixan lugar a dúbidas.

Prospección con xeoradar en Proendos (Sober), onde se atopou unha pequena cidade romana / Concello de Sober

Outros puntos prospectados ofrecen información sobre posibles estruturas de almacenamento, captación de auga e incluso existe unha posible estrutura defensiva a modo de foxo, así como a coñecida necrópole de Proendos.

As características urbanas constatadas fan pensar en grandes edificios de cronoloxía romana xunto con fases prehistóricas e medievais. A funcionalidade e identificación dos edificios non se poderán determinar ata unha futura realización de escavacións arqueolóxicas que contrasten os datos. Máis información en Xornal de Lemos.

Pode que che interese...