fbpx
Igrexa de Santa María dos Ánxeles, en Brión / patrimoniorelixiosodebrion.blogspot.com

Axuda a atopar unha pía románica roubada nunha igrexa de Brión

Tempo de lectura: < 1 min.
Varios veciños de Brión están compartindo nas redes sociais e informaron a Patrimonio Galego sobre o roubo dunha pía bautismal románica da igrexa de Santa María dos Ánxeles, en Brión. Unha pía que non estaba catalogada.
Esta peza atopábase fóra da igrexa, xunta con outra de maior tamaño, e foi un veciño o que se decatou da falla da peza e deu a voz de alarma ao párroco. Pero, polo momento, nin o cura, nin os veciños puideron aportar unha fotografía dela para presentar a correspondente denuncia. Por iso, piden axuda para ver se alguén da parroquia ou de fóra dela posúe algunha foto.
A igrexa parroquial de Santa María dos Ánxeles sitúase no lugar de A Igrexa, pertencente a parroquia dos Ánxeles. O actual edificio é barroco pero construíuse sobre restos románicos que evidencian a inxente actividade construtora dos séculos XII como a cruz antefixa que coroa o seu presbiterio ou algunhas das pedras que compoñen a sacristía. De feito, as pías románicas, entre elas a que foi roubada, pertencían a primeira etapa deste templo.
A nova igrexa érguese a mediados do século XVIII.  Coñecida antigamente como Santa María de Pérros, nome que escolle unha das aldeas da parroquia; nace dun acordo consecuente coas intencións reformistas do século XVIII. A antiga igrexa acolle así, unha fonda rehabilitación en mans de Francisco Antonio Fernández Sarela, fillo de Clemente Fernández Sarela,  o cal se coñece como mestre principal da Casa do Cabildo compostelá.

Pode que che interese...