fbpx
Cruceiro de Santo Ourente esnaquizado / LaVoz-LauraMartelo

Un fermoso cruceiro de máis de 200 anos e parte do cemiteiro de Santo Ourente, esnaquizados

Tempo de lectura: 2 min.

Desta volta non foi maquinaria pesada, nin delincuentes o que provocou un novo dano ao patrimonio galego. Foron os temporais das últimas semanas os que deixaron unha triste estampa no cemiterio de Santo Ourente, no Concello de Outes. A forza do vento das últimas semanas derrubou unha árbore centenario deste camposanto con tan mala fortuna que a súa caída provocou a desfeita dun cruceiro e cuantiosos danos nos nichos e muros do cemiterio.

O cruceiro estaba detrás da igrexa parroquial e foi tallado polo escultor Xosé Ferreiro no 1801. Tiña plataforma de cinco chanzos cos bordes voados e de perfís curvos. A cruz era cilíndrica, de aproximadamente 1 metro de altura, e tiña por diante un cristo de magnífica factura. No reverso estaba a Dolorosa sedente sobre un trono de nubes e anxos, mans xuntas, mirada cara o alto e puñal de ferro chantado no peito. Via Patrimonio Galego e La Voz.

Cruceiro de Santo Ourente esnaquizado / LaVoz-LauraMartelo

Cruceiro de Santo Ourente, en Outes, antes de que fora esnaquizado por unha árbore / Elixio Vieites- Patrimonio Galego

Pode que che interese...