fbpx
Restos da antiga muralla de Vigo na Porta do Sol / Xornal de Vigo

Aparecen restos da antiga muralla e Porta do Sol de Vigo pero non se sabe que vai pasar con eles

Tempo de lectura: < 1 min.

Os traballos de peonalización da Porta do Sol, en Vigo, acaban de sacar á luz os restos do que podería ser o sistema defensivo da muralla do século XVII e a antiga Porta do Sol, un século no que Vigo comezaba xa a erixirse como a gran urbe do sur de Galicia ante o ataque de corsarios e piratas ingleses e as guerras con Portugal. Os restos están sendo catalogados polo Concello dentro dos traballos do túnel da Porta do Sol.

Estás obras están autorizadas pola Xunta pero “cunha serie de cautelas”, tal e como apuntan desde a Consellería de Cultura a Xornal de Vigo. O Concello de Vigo presentou un estudo a Patrimonio das obras que ía realizar en toda a zona que foi autorizado pola Xunta en outubro do pasado ano. Un estudo que recolle realizar “un control de área” das escavacións que se realizan na contorna da Porta do Sol e un “total control arqueóloxico de todas as obras”.

Con todo, non hai aínda un acordo sobre a importancia destes restos. A Xunta di que hai que estudalos para ver se se conservan. Desde o Concello insisten en que o estudo que aprobou Patrimonio estaba só a “catalogación” dos retos.

Toda a información con fotos e vídeos en Xornal de Vigo.