fbpx
Imaxe do banco sobre a pía e uns petróglifos no monte de San Lois, en Noiga / A Rula
Imaxe do banco sobre a pía e uns petróglifos no monte de San Lois, en Noiga / A Rula

O Concello de Noia defende o seu banco nun petróglifo porque “non estaba inventariado”

Tempo de lectura: < 1 min.

Técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio acudiron este luns a Noia para supervisar a retirada dun banco que se instalou sobre un petróglifo e que foi descuberto hai uns días por un grupo de membros do colectivo A Rula durante unha prospección do lugar. O banco cravouse sobre unha pedra nun punto elevado do monte San Lois tras unhas obras de humanización e limpeza realizadas na zona.

Tras denunciar o caso, e apenas uns días despois de darse a coñecer, técnicos de Patrimonio acudiron ao momento para proceder á retirada do banco, aínda que a pedra quedou visiblemente danada.

O banco de San Lois, en Noia, xa sen o banco sobre o petróglifo / GC

O Concello de Noia, pola súa banda, asegurou que a retirada se realizou “por decisión propia” do Goberno local e “baixo a supervisión dun arqueólogo” do departamento de Patrimonio, ademais de asegurar que permanecerá así ata que exista unha conclusión sobre o achado por parte da Xunta.

Así mesmo, defendeu a súa actuación, posto que o petróglifo “non estaba inventariado nin catalogado” no momento de instalar o banco nin constaba no PXOM, ou no Plan Básico Autonómico.

Pode que che interese...