fbpx
Estado de abandono de petróglifos en Lourizán, Pontevedra / Auga Viva

Denuncian o total abandono dos petróglifos do Concello de Pontevedra

Tempo de lectura: < 1 min.

As asociacións Umia Vivo e Irmandade Illa de Tambo, así como o colectivo pola defensa do patrimonio A Forneiriña denuncian o estado dos petróglifos do Concello de Pontevedra e critican que non se teña feito nada nos últimos anos para a súa posta en valor.

Por iso, veñen presentando reclamacións aos orzamentos do concello para que inclúan nas contas pequenas partidas para realizar actuacións que eviten danos irreparables como os que se produciron recentemente polos incendios ou por traballos forestais.

Así, lembran que este concello xa evitou incluír esta partida en 2018 e 2019. Agora repiten volvendo presentar esta alegación ao orzamento de 2020 que xa foi rexeitada inicialmente na comisión informativa. “O que queremos é asegurar unha partida económica para o coidado máis elemental de roza das pedras con gravados e algún sistema de sinalización para evitar danos involuntarios, algo que podería ser facilmente asumible polo custo insignificante no conxunto dun orzamento que no Concello de Pontevedra está preto dos 80 millóns de euros“.

Pode que che interese...