Carmelo Lisón Tolosana / foto um.es

Fina en Madrid Carmelo Lisón Tolosana, un dos grandes investigadores da antropoloxía galega

Tempo de lectura: 2 min.

Estudar o significado do imaxinario de cada cultura. E a partir del enfrontarse a campos como as crenzas, o espírito, a razón, a realidade, a linguaxe, a morte, os ritos, a arte ou a lóxica. Entender o xeito de pensar e de crer. Este é o inmenso legado que nos deixou Carmelo Lisón Tolosana, un dos grandes investigadores da antropoloxía española, universal e galega, finado o pasado martes en Madrid.

Carmelo Lisón arrastraba dende fai tempo importantes problemas cardíacos e sufría, tamén, deficiencias respiratorias e renais. Isto fixo que, finalmente, o antropólogo social e cultural de orixe Zaragozana nos deixara ós 90 anos de idade, e en medio da pandemia do Covid-19, na cidade de Madrid o pasado día 17.

Lisón foi un dos grandes referentes no seu campo para universidades de todo o mundo. Foi Licenciado en Historia pola Universidade de Zaragoza en 1957 e en 1963 doutorouse na Universidade de Oxford en Antropoloxía Social e Cultural. Foi tamén doutor en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid, doutor Honoris Causa nas universidades de Murcia e de Burdeos e Catedrático Emérito do Real Instituto Antropolóxico do Reino Unido e da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas de Francia.

Mais boa parte do seu traballo estivo enfocado na cultura galega, sendo algúns dos seus estudos verdadeiros referentes para entender a nosa cultura tradicional, como Antropología Cultural de Galicia (1971) ou Perfiles simbólico-morales de la cultura gallega (1984). Publicou tamén ensaios sobre endemoniados (1984 e 1990) ou sobre a Santa Compaña (1998). Tamén publicou no ano 2004 unha Antropología Cultural de Galicia de seis volumes que é unha obra de referencia para a entender a nosa sociedade tradicional.

Perfiles Simbólico Morales de la Cultura Gallega na súa edición de Akal 1974 / foto HdG

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: