Unha muller. A primeira empresaria industrial na Idade Media en Vigo.
Probablemente a pouca xente o nome de Mª Alfonso de Pazos Figueroa lle diga algo. Pouco sabemos desta pontevedresa afincada en Vigo a finais do século XV, pero o pouco que sabemos dela é impresionante: despois de ser abandoada polo seu marido e despoxada do seu patrimonio polos Reis Católicos, consegue un pequeno prestamo familiar que invertirá na fabricación e comercio de telas e peixe co Norte de Europa e Andalucía. É probablemente esta muller a primeira persoa de nome coñecido que sostivo en Vigo unha actividade industrial e comercial, tanto a nivel local coma internacional.
A muller na Baixa Idade Media

Na sociedade do antigo Antigo Réxime a muller estaba relegada a posicións secundarias, subalternas, subordinadas ao home. O seu eido preferente era o doméstico, e a súa función principal a reprodutora; tan só nuns poucos ámbitos (os oficios viles,…) ou circunstancias especiais (viuvez, ausencia do home,…) unha muller podía desempeñar as mesmas funcións cas dun home….e cando así era, o recoñecemento social non acostumaba ser equiparable ao do home
Ao longo da Idade Media, esta discriminación articulouse en múltiples convencións sociais. Así por exemplo, ao longo de todo o occidente especificouse nos códigos xurídicos da Idade Media que, nos casos graves, criminais, as testemuñas das mulleres tan só fosen validas cando non houbese testemuña masculina algunha; so eran tidas en conta como iguais das dos homes para causas menores, cando acontecesen en espazos públicos relacionados coas labores domésticas (baños, fontes, fornos, muíños, teares,…) ou asuntos reprodutivos (partos e casamentos), quedando excluídas as mulleres dos asuntos económicos: “testiguar non pueden en los testamentos…nin las mugeres, nin los que fuesen menores de catorce años. Nin los siervos. Nin los mudos”.(1).
>> Continuar lendo o artigo de Uxío Reinoso Maset en Xornal de Vigo