fbpx
Un tramo urbano do Camiño de Santiago / foto larahcvCC0

A Xunta preocupada polo Xacobeo 2021

Tempo de lectura: 2 min.

A Xunta agarda que o Xacobeo 2021 sexa “unha ferramenta de reactivación cultural e turística“. Esta é a esperanza do executivo galego así como do Conselleiro de Cultura Román Rodríguez quen nunha reunión telemática con asociacións do Camiño nos pasados días poñía o evento como posible motor de reactivación económico e cultural para a Comunidade.

E é que, xa a pasada semana, a Xunta aprobra un orzamento de 750.000 euros para asegurar que as obras da catedral puideran estar rematadas a tempo. Porén estes días foi un pouco máis alá pedíndolle ó Ministerio de Cultura unha convocatoria extraordinaria do Consello Xacobeo, para tratar a incidencia do Coronavirus no Camiño de Santiago e no evento.

“Temos actuacións en marcha que se ven afectadas por unha situación que varía día a día”, afirmaba o Conselleiro. Mais “estamos en contacto coas empresas adxudicatarias co obxectivo de analizar a situación para reprogramar os calendarios”. Así, o Concelleiro mantén a confianza en que o Xacobeo 2021 sexa motor económico e cultural. Afirmaba tamén ter a firme intención de cumprir coa programación, pois tal e como afirmaba “chegamos a este momento coa boa parte da misión cumprida”.

Porén dende o Ministerio de Cultura explicaron que están en contacto permanente tanto coas comunidades como cos axentes culturais. Mais afirmaban que neste momento todos os esforzos están centrados en superar a pandemia. Mentres tanto a planificación e programación atoparanse, para o Ministerio, nun momento de reflexión.

Camiño de Santiago / foto larahcvCC0

Pode que che interese...