fbpx
O faro do Cabo Vilano envolto en encaixe no vídeo promocional de 2019

Éxito da primeira Mostra do Encaixe virtual con máis de 230.000 usuarios

Tempo de lectura: < 1 min.

O que parecía un problema acabou por converterse nunha oportunidade. Pois se nos pasados días e por mor do Covid-19 a Mostra de Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña tivo que mudar nun formato virtual esta nova fórmula resultou ser un gran éxito. E é que a Mostra, tan so nas súas redes sociais, conseguiu chegar a máis de 230.000 usuarios, ó longo de todo o mundo, acadando un gran seguimento tamén na súa canle de YouTube.

Foi en concreto a 237.962 perfís únicos que que visualizaron desde os seus fogares os 175 vídeos que se sucederon dende o mércores ata o domingo no Facebook da Mostra, con colaboracións na distancia dende diferentes países. A estes habería que engadir ós que se sumaron directamente á canle de YouTube do evento que tivo tamén un enorme seguimento. De feito, tan so na xornada inaugural  do día 9 a canle pasou das 31.000 visitas.

Este gran éxito enténdese, sen dúbida, como un gran recoñecemento ós 30 anos da Mostra, que quere celebrar o seu aniversario, xa fisicamente, no ano vindeiro. Así o expresou a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, na xornada de clausura, pois quérese que “este sexa o primeiro paso para, no 2021, facer a mellor edición da Mostra que se recorda”. Tamén agradeceu “a todas as persoas que senten a Mostra como algo propio e que tamén participaron nesta iniciativa”.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...