Madeireiros arrasan o camiño centenario para chegar ao castro de Baroña
Novamente un estrago irreparable do patrimonio galego e, novamente, os madeireiros están detrás da desfeita. Desta volta trátase, ademais, dun dos grandes castros de Galicia, o de Baroña.
Nos últimos días, e aproveitando a corentena e a case nula presenza de visitantes, varias máquinas deixaron impracticable o camiño tradicional e centenario de acceso ao castro tal e como evidencian as imaxes dadas a coñecer por Ría de Noia.

Desfeita no camiño de acceso ó Castro de Baroña / foto Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural de Galicia

Antes e despois da desfeita / foto montaxe Asociación para a Defensa do Patrimonio e celtiberia.net

Camiño de acceso ao Castro de Baroña desfeito / Ría de NOia
Historia de Galicia informaba hai semanas doutra desfeita tamén cometida por madeireiros nun tramo da Vía Nova-Vía XVIII (Braga-Astorga) na Reserva da Biosféra do Xurés. Tras unha inspección a Xunta asegurou que os danos eran superficiais.