fbpx
Castelo de San Xurxo no Pindo / foto Noel Feans Wikimedia CCBy

A Xunta cortará 6.000 árbores no Pindo para evitar lumes

Tempo de lectura: < 1 min.

O monte Pindo, afectado polos lumes en varias ocasións, perderá agora 6.000 novas árbores. Mais será esta vez a propia Concellería de Medio Rural da Xunta de Galicia a que levará adiante esta corta dentro dun plan piloto de prevención de incendios forestais. O plan levarase adiante no distrito forestal de Fisterra afectando en concreto a este monte.

Segundo recolle o xornal Galicia Confidencial, neste Distrito V que comprende os concellos de Camariñas, Vimianzo, Mazaricos, Carnota e Muros, faranse tamén 26 queimas controladas que abranguerán 375 ha. Segundo o medio, serán máis de 2.000 metros cúbicos de madeira que se perderán no histórico monte.

Un espazo natural excepcional

Ademais da súa importancia histórica, da que xa falamos en múltiples ocasións, o monte Pindo é, ademais, e a pesares dos lumes, un excepcional espazo natural. Forma parte da Rede Natura 2000 e da Zona Especial de Conservación (ZEC) de Carnota – Monte Pindo.

No Pindo atópanse colonias de especies endóxenas e en especial perigo como co carballo anano (Quercus lusitanica) sendo o seu único asentamento en territorio galego. O Pindo acolle tamén outras especies de carballos, piñeiros, loureiros e acivros, así como fentos ou especies en perigo de extinción como o lirio do monte ou fauna como o lagarto das silvas.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...