Catro proxectos tecnolóxicos para coñecer e divulgar o patrimonio galego nos Encontros 3.05
Un denominador común: un importante esforzo pola divulgación e socialización do patrimonio a través das novas tecnoloxías. Ese é o punto de encontro de catro grandes proxectos sobre o patrimonio cultural galego que esta semana se porán a disposición do público dentro dos Encontros 3.05 do Consello da Cultura Galega.
Trátase de temáticas innovadoras, caracterizados polo emprego de novas tecnoloxías e a presentación de enfoques interdisciplinares como ferramentas de traballo. Estes catro proxectos, coa axunda das novas tecnoloxías, están a reformular o noso coñecemento en distintas materias relativas á investigación e a divulgación do patrimonio cultural de Galicia.
Trátase dos proxectos Romanarmy.eu, Epigraphica 3.0, o Proxecto Emchahe e Monumenta. O primeiro pretende ser unha xanela aberta ao estudo e á divulgación da presenza militar romana no noroeste peninsular; Epigraphica 3.0, pola súa parte, estudou as inscricións romanas da provincia de Ourense; Emchahe reformulou o coñecemento da arquitectura eclesiástica altomedieval e Monumenta foi un festival de rutas ao redor do Patrimonio.

Encontros Tecnolóxicos / foto Consello da Cultura Galega