Novos achados arqueolóxicos fan de Vigo un dos grandes centros romanos da Gallaecia
Vigo en tempos do Imperio Romano non era unha aldea senón un gran centro industrial cunha poboación moi relevante, e así o foi durante séculos. Así o pon de relevo ó Diario Atlántico Juan Castro, responsable de Anta de Moura, a empresa que nos últimos anos estivo a desenvolver máis escavacións arqueolóxicas en Vigo.
Segundo o xornal, Castro recoñece que está asombrado coa sucesión de achados sobre o pasado remoto da cidade, e afirma que só en Lugo apareceron máis restos en Galicia. Así o poñen de relevo escavacións como a da Rúa Oliva, ou Marqués de Valladares, xunto a outras Rosalía de Castro, Isaac Peral ou A Laxe. Todas elas falan de que Vigo podería ser un dos máis grandes centros de produción de sal e salgadura de todo o ámbito peninsular.