fbpx
Víxía Herbeira dende San Andrés de Teixido, o pé do Cabo Ortegal / foto vlosanCC0

Podería ser o Cabo Ortegal o vindeiro xeoparque recoñecido pola UNESCO?

Tempo de lectura: 2 min.

O Cabo Ortegal podería ser o vindeiro Xeoparque recoñecido internacionalmente pola UNESCO. Trátase dun recoñecemento á riqueza xeolóxica da zona e da súa manifestación na paisaxe e nos xeitos de vida locais. Contaría cunha superficie de caso 630 quilómetros cadrados e convertería este extremo norte da xeografía galega nun referente da xeoloxía mundial.

E é que a candidatura promovida por sete concellos da comarca de Ortegal foi abalada tamén nos pasados días pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia. Ábrese así a porta á candidatura ante o comité de avaliación da UNESCO en España que é o organismo encargado de presentalo ante a institución internacional.

Cabo Ortegal Yerie2017CCBy Wikimedia

Segundo a Conselleira Belén Campo trátase dun patrimonio xeolóxico singular de gran relevancia e cunha estratexia de desenvolvemento propia nunha zona que xa é un referente na xeoloxía europea. Sería o segundo espazo con esta distinción internacional en Galicia despois de que o pasado abril a UNESCO concedera esta distinción á montañas do Courel.

De obter a distinción pasaría a formar parte da rede de 120 xeoparques distribuídos en 32 países do mundo. Nela, ademais da comarca de montaña galega, forman parte algúns lugares tan destacados como acantilados de Moher en Irlanda, o Bosque Petrificado de Lesbos ou o Nord Wesr Park das Highlands escocesas.

Cabo Ortegal / foto Yerie2017CCBy Wikimedia

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...