Que sabemos de Guidoiro Areoso, da ourivería castrexa ou das vías romanas? | Historia de Galicia
Encontro sobre ouriveria nos castros / foto Consello da Cultura Galega

Que sabemos de Guidoiro Areoso, da ourivería castrexa ou das vías romanas?

Tempo de lectura: 2 min.

O Guidoiro Areoso, -un conxunto arqueolóxico nas illas de Arousa-, a ourivería dos castros, a arte esquemática pintada no Noroeste Peninsular, as vías romanas en Galicia, os xacementos romanos romanos Pontevedra-Areal (Vigo) e o no Círculo das Artes da Cidade de Lugo. Todos estes lugares conforman unha nova edición dos Encontros  Monográficos do Patrimonio 30.5.

Unha vez máis os encontros online do Consello da Cultura Galega achégannos un conxunto de vídeos para facernos reflexionar sobre algúns aspectos excepcionais do noso patrimonio. Nesta ocasión trátase dunha serie de encontros nos que se analizaron temáticas transversais ou proxectos que tiñan obxectivos comúns ou desenvolvidos sobre un mesmo xacemento en tempos e por equipos distintos.

O obxectivo destes encontros era tanto divulgar os resultados entre o público como promover a reflexión sobre o abandono de certos temas de investigación en Galicia. A situación problemática dalgúns espazos patrimoniais estivo tamén presente en moitos dos debates suscitados ó redor destes encontros. Podes achegarte a todos estes singulares temas da nosa cultura neste link.

Encontros Transversais / foto Consello da Cultura Galega

Son en concreto o estado actual das vías romanas en Galicia e a necesidade dunha maior protección; o Guidoiro Areoso; a ourivería dos castros, con particular atención ás sorpresas do tesouro de Recouso; a arte esquemática pintada no Noroeste Peninsular; as intervencións nos xacementos romanos da Factoría de salga na rúa Marques de Valladares no xacemento romano Pontevedra-Areal (Vigo) e do Templo romano no Círculo das Artes da Cidade de Lugo. Todos estes encontros ofrécennos a oportunidade de miralos dende outra perspectiva á luz dos novos achados e das dificultades que presentan para a súa conservación.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: