A excepcional igrexa do arquitecto Fernandez del Amo no Incio será Ben de Interese Cultural
José Luis Fernández del Amo foi un dos grandes arquitectos da segunda metade do século XX en España. Foi un dos recuperadores no país da arquitectura do Movemento Moderno, perdida por outras fórmulas tras a Guerra Civil. Arquitectos como Fernández del Amo atrevéronse a recuperalo como o símbolo dunha modernidade posible.
Fernández del Amo é coñecido por obras como a biblioteca do Instituto de Cultura Hispánica de Madrid ou a Casa do Concello de Porcuna en Jaén. En Galicia constríu unha serie de igrexas de vangarda, nas que misturou con mestría a tradición construtiva popular cos principios do Movemento Moderno.

Igrexa da Santa Cruz do Incio / foto coaglugo.gal
Trátase de San Antonio de Pádua en Lugo, Santa Mariña, en Chantada ou Santa María de Baio en Zas. Unha cuarta igrexa completa esta nómina, igrexa da Santa Cruz do Incio, un dos exemplos máis singulares entre os desenvolvidos no noso territorio. Unha igrexa que agora a Xunta acepta declarar como Ben de Interese Cultural.

Igrexa da Santa Cruz do Incio / foto coaglugo.gal
E é que o Diario Oficial de Galicia publicou o pasado día 2 de xuño a resolución da Consellería de Cultura e Turismo pola que se incoa o expediente para declarar ben de interese cultural (BIC) a igrexa de Santa María dá Cruz do Incio. Faise en razón dos “notables valores arquitectónicos e culturais” deste edificio, considerado como “unha mostra excepcional da arquitectura do Movemento Moderno en Galicia”.
A igrexa, construída a principios da década de 1960 e foi sometida nos últimos meses a un proceso de restauración, rematado o mes pasado. A declaración conta co informe favorable da da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, o Consello da Cultura Galega e a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña.