A Xunta reabre as súas oficinas de turismo
As oficinas de turismo titularidade da Xunta retomaron o pasado luns a súa actividade. Fixérono nas sete cidades galegas tras adaptar os seus espazos ás medidas e requirimentos de seguridade sanitaria precisos para evitar a propagación da Covid-19. Porén na oficina do Centro Internacional de Acollida ó Peregrino e no aeroporto da Lavacolla non volverán á súa actividade ata o próximo 1 de xullo.
Para isto o goberno galego introduciu unha serie de medidas coas que tratará de garantir a seguridade de usuarios e traballadores. Entre elas a eliminación do autoservizo de folletos turísticos, que serán facilitados só polo persoal, a instalación de elementos de protección como pantallas de metacrilato, o uso de formatos con códigos QR e a desconexión de pantallas e elementos táctis.
Dentro das instalacións será obrigatorio o uso de máscaras cando non se poida garantir a distancia de seguridade e os visitantes deberán permanecer na oficina o tempo estritamente necesario. Pois, como afirmaba na reapertura o Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, en Vigo “As oficinas de turismo son uns espazos que reciben milleiros de visitas cada ano e é fundamental garantir a máxima confianza hixiénico-sanitaria”.