Descubren pinturas murais do século XVI na Igrexa de San Martiño de Rodís de Cerceda
A Igrexa de San Martiño de Rodís en Cerceda ten pinturas murais. Foron achadas no templo nunha peritación previa a unha futura restauración e conservadas detrás de un retablo. As pintras achadas por unha arquitecta e un carpinteiro foron examinadas polos profesores Antón Castro e José Manuel García Iglesias da USC, que determinaron que poderían datar do século XVI, en concreto de en torno a 1530.
San Martiño de Rodís, é unha parroquia que se atopa preto da estrada que une Ordes con Carballo. É de época medieval con importantes reformas no século XVIII. Destaca polo seu campanario barroco rematado nun cupulín e a súa sobria fachada de transición ó neoclásico. Recolla a nova La Voz de Galicia.

San Martiño de Roidís en Cerceda / foto Mancomunidade de Ordes