fbpx
Petróglifos no Incio / foto colectivo Patrimonio dos Ancares

Todas as ferraduras dos petróglifos achados no Incio miran cara ó mesmo accidente xeográfico

Tempo de lectura: < 1 min.

Contabámolo nos pasados días, o Colectivo Patrimonio dos Ancares redescubriu varias penas con petroglifos no concello do Incio. Trátase de varias estacións teoricamente recollidas no PXOM e nomeados como “Petroglifos da Pedra Escrita de Treimonte”. Mais que se atopaban completamente errados no plan e desaparecidos do Plan Básico Autonómico.

As estacións de petróglifos, bastante singulares, recollen sobre todo figuras de cazoletas, ou pequenos furadiños, e ferraduras. Ó interrogarse sobre a súa cronoloxía afírmase que ben poden ser dende a Idade do Bronce ata a Idade Media, e desvelábanos tamén unha curiosa singularidade: todas estas penas, algunhas separadas por centos de metros, miran cara o mesmo accidente xeográfico.

Segundo a lenda, no municipio do Incio este tipo de gravaduras relaciónanse coas pegadas dos cabalos de San Mamede e Santiago, como feitos milagreiros. E, tal e como recolle o colectivo, segundo a tradición oral do concello do Incio, disque as ferraduras sempre “miran” cara un manancial ou un curso de auga.

Este é o mesm feito que se cumpre en todos os petróglifos con forma de ferradura atopados polo colectivos, que aparecen en varias penas diferentes,  xa que todos as augas do río Mao, hoxe remansadas no encoro do Incio. O por que é aínda un misterio. Mais para sabelo compre que as administracións establezan unha correcta delimitación do conxunto.

Pode que che interese...