fbpx
Lancha xeiteira "Nova Marina" e dorna de tope "Peza de Rabo" / foto Aguamorta flikrCCBy

Un vídeo recolle a experiencia de Staffan Mörling o Sueco que dedicou a súa vida ó estudio das embarcacións galegas

Tempo de lectura: 2 min.

O pasado día 15 de maio finaba ós 84 anos de idade Staffan Mörlin, o investigador sueco que se quedou en Galicia para estudar as embarcacións tradicionais. Tal e como contamos daquela, Staffan estudara estudara Latín, Historia da Arte e Antropoloxía na Universidade de Lund, mais por casualidades do destino, na década de 1960, acabou en Galicia namorado da nosa cultura popular e mais dunha costureira de Ons coa que acabou casando.

Fixo a súa tese de doutoramento sobre as nosas pequenas embarcacións populares, viaxando por toda Galicia para o seu estudo e catalogación. Porén para poder quedarse en Galicia acabou traballando como profesor de inglés na Escola Naval de Marín. Foi un verdadeiro referente no coñecemento da nosa antropoloxía e gracias a el a recuperación e valorización deste patrimonio mariñeiro é hoxe unha realidade.

Dorna en Rianxo / foto Xoan Antón LmbugaCCBy Wikimedia

O vídeo é un “minidocumental express”, segundo afirma o seu autor, Diego Freijeiro, na canle de Vimeo, montado con “demasiada presa”. Foi un encargo da Fundación Massó, do ano 2006, no que  se recollen imaxes do momento no que Staffan, xunto co seu irmán, viaxan polo sur de Galicia documentando o seu traballo antropolóxico, mentres se entrevista o histórico investigador. Podes acceder ó vídeo neste link.

Fotograma do documental en Vimeo

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...