fbpx
Manuel Carballal Lugrís / remitida

6.000 libros para conservar o patrimonio cultural

Tempo de lectura: < 1 min.
A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia ven de recibir este martes unha extraordinaria doazón de preto de 6000 libros. Esta colección, doada polos herdeiros do ferrolán afincado en Pontevedra, D. Manuel Carballal Lugrís, é froito da absoluta paixón polo arte do seu creador.
Manuel Carballal Lugrís reuniu, ó longo de varias décadas, miles de libros escollidos con extraordinario criterio que abordan o estudo da arte e da historia dende as máis diversas perspectivas. “A vontade dos seus herdeiros é manter xunto este legado e, por medio da doazón á Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, contribuír á formación dos profesionais adicados á protección do patrimonio cultural”, apuntan desde esta institución.

Pode que che interese...