Así tería sido a Alba de Gloria de Castelao, recreada en 3D | Historia de Galicia
Alba de Gloria, detalle do vídeo promocional / foto youtube.com (Consello da Cultura Galega)

Así tería sido a Alba de Gloria de Castelao, recreada en 3D

Tempo de lectura: < 1 min.

O 25 de xullo de 1948 Castelao pronunciou o seu afamado discurso Alba de gloria. Foi no Teatro Arxentino de Bos Aires, nas Xornadas Galegas organizadas polo Centro Galego, no epicentro da cultura galega do momento. Foi o seu último discurso público, nunha intervención multitudinaria e fortemente aclamada, nun discurso cheo de futuro e de esperanza.

Nel facía un percorrido onírico sobre a cultura galega, a través do territorio de Galicia e presentando unha “santa compaña” de personaxes históricos sobranceiros. Tratábase aínda dun momento no que estaba moi viva a lembranza da Guerra Civil, do exilio e da emigración, e no que Castelao probablemente sabía que nunca vovería a Galicia.

 

Este discurso mantívose moito tempo como un motivo de esperanza dentro da emigración. Mais no ano 2018 na igrexa de San Domingos de Bonaval o discurso era escoitado de novo na exposición “Alba de gloria. Unha experiencia” comisariado por Manuel Gago.

Nela podía escoitarse a única gravación existente da voz de Castelao. Tamén unha recreación fonolóxica do discurso, así como discursos de coetáneos, e coñecer un por un a ‘santa compaña’ sinalada por Castelao. Mais a estrela da exposición foi a recreación 3D de Castelao, e en concreto un documento audiovisual que recreaba aquel histórico discurso.

Agora, coincidindo co día de Galicia, aquela recreación en 3D pode verse a través da plataforma YouTube.

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: