Atopan dous hórreos de máis de 2.000 anos no castro de Acea entre Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía
Os celeiros palafíticos, depósitos para gardar o gran elevados do chan por pés de pedra, foron achados en varios castros. Poderían entenderse como o antecedente máis antigo coñecido no noso territorio do que hoxe é un hórreo, baseado nunha necesidade común de evitar a omnipresente humidade galega para facer sobrevivir en bo estado a colleita.
Dous destes silos palafíticos ou hórreos, de entre os máis singulares e máis grandes dos atopados ata o de agora, apareceron na actual escavación do Outeiro do Castro, un xacemento entre Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía. A intervención, promovida por ambos Concellos e financiados con fondos Leader e que se está a levar adiante como unha segunda campaña dende o 1 de xuño, está a dar grandes sorpresas.
Pois son os horrea, de máis tamaño, diferentes dos atopados ata o de agora nun castro, e anteriores á romanización están a ser consolidados neste momento. Son dous hórreos de máis de seis pés cada un, cunha excepcional estrutura palafítica, que serían ventilados dende o chan. Os descubrimentos foron presentados o pasado martes nun acto no que asistiron membros do equipo e representantes dos dous Concellos. Na campaña tamén se atoparon pezas de orfebrería.