fbpx
Ponte Vella de Ourense / foto Turismo de Galicia

Outra corta de grandes árbores para deixar ver un monumento de Ourense, esta vez a Ponte Vella

Tempo de lectura: 2 min.

Contabámolo nos pasados días. O Concello de Ourense retirará o gran cedro que preside a cabeceira da catedral para deixar libres as vistas sobre o monumento. Segundo argumentan dende o Concello a árbore que non é autóctona e ademais foi plantada no lugar vai tan só 25 anos, non deixa ver a catedral. O Concello ten previsto levala a outra localización.

Árbores que serán eliminadas ó carón da Ponte Vella de Ourense / foto Usuarios do Parque do Couto

Porén semella que non será o único caso. Pois varios colectivos denuncian agora que no entorno da Ponte de Ourense estase a planear o mesmo problema con similar argumentación. Neste caso trátase da corta dun número indeterminado de árbores do Parque dos Remedios co obxectivo de deixar libres as vistas sobre a propia ponte.

Segundo Usuarios do Parque do Couto “o parque perderá o seu debuxo orixinal e a veciñanza perderá unhas árbores que lle dan vida e sombra”, tal e como denunciaban nas súas redes sociais. Plantexan, ademais unha reflexión de fondo, “pódese perder patrimonio verde para que se vexa o patrimonio pétreo, en detrimento do patrimonio social e humano que somos toda a veciñanza?”.

A polémica acompaña a da cedro da catedral. Mais a diferencia dos centros históricos, onde a tendencia durante algún tempo foi eliminar o arborado, proxectando unha imaxe equivocada da historia, nesta ocasión trátase da eliminación de árbores nun lugar que en tempos foi un entorno de ribeira. A corta formaría parte do proxecto de posta en valor da Ponte Vella.

Pode que che interese...