Queres coñecer a arquitectura galega, dende o dolmen de Dombate ata a Cidade da Cultura? | Historia de Galicia
Detalle da portada do libro / foto Hércules Ediciones

Queres coñecer a arquitectura galega, dende o dolmen de Dombate ata a Cidade da Cultura?

Tempo de lectura: 2 min.

A arquitectura de Galicia ten unha nova monografía retrospectiva. Trátase do libro Historia de la Arquitectura Gallega. Del dolmen de Dombate a la Ciudad de la Cultura. Trátase de dous volumes froito da longa experiencia de dous grandes docentes e investigadores, o historiador Ramón Yzquierdo Perrín e o arquitecto José Ramón Soraluce Blond, que analizan na publicación máis de 6.000 anos de arquitectura galega.

Portada do libro / foto Hércules Ediciones

O libro, publicado por Hércules de Ediciones e que forma parte da serie de Arte do Proxecto Galicia, preséntase baixo a vocación de converterse na gran monografía sobre a arquitectura de Galicia. Trátase, de feito, da máis completa monografía escrita sobre o tema ata o de agora e a única que o desenvolve dende un enfoque disciplinar enfocado ademais ó gran público.

Trátase, polo tanto, dun proxecto en boa medida pioneiro en recompilar información sobre a arquitectura galega no seu conxunto. O libro, dividido en dous tomos, desenvolve no seu primeiro volume, escrito por Ramón Yzquierdo, percorre a historia da nosa arquitectura dende a prehistoria, Idade Antiga e Idade Media, ata o ano 1500, aproximadamente. O segundo volume, escrito por Soraluce desenvolvería dende o Renacemento ata a Contemporaneidade.

Arquitectura medieval / foto promocional do libro Hércules Ediciones

A idea nacería ó redor da necesidade de ambos os dous profesores de desenvolver un volume ó redor da experiencia xerada nas aulas da Escola Técnica Superior da Coruña, onde por moito tempo os contidos de arquitectura galega foron por moito tempo un contido transversal. Porén o proxecto chegaría moito máis alá da experiencia alí xerada, dando lugar a un proxecto máis amplo dirixido a un público máis diverso con intereses na arquitectura.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: