fbpx
As Miradas de Isaac, detalle do cartaz da exposición / Xunta de Galicia

A Cidade da Cultura lembrará o centenario de Isaac Díaz Pardo cunha retrospectiva

Tempo de lectura: < 1 min.

As miradas de Isaac. Este é o título da exposición coa que a Xunta de Galicia conmemorará o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo cunha exposición na Cidade da Cultura. Poderá verse no Museo Gaiás, do 6 de novembro de 2020 ó 4 de abril de 2021, e estará comisariada por dous dos seus fillos, Xosé e Camilo Díaz Arias de Castro.

A mostra estará composta por obras de arte, diversos obxectos persoais, fotografías, textos, murais, documentos e proxeccións. Na mostra destacará sobre todo un autorretrato inédito de Díaz Pardo de novo e que nunca se ten exposto e que apareceu en 2019 nunha das carpetas de documentación que gardaba no seu arquivo persoal. Foi debuxado a lapis en 1940.

As Miradas de Isaac, cartaz da exposición / Xunta de Galicia

A mostra estará estruturada en dez seccións repartidas por todo espazo do andar primeiro do Museo Centro Gaiás. Nela se tratarán temas como a importancia do pai, Camilo  Díaz Baliño, a infancia e mocidade compostelá, a faceta de pintor, o seu contacto co exilio ou o seu compromiso pola recuperación da memoria histórica.

De igual xeito, nelas amosarase tamén o seu labor como escritor, o emprendemento empresarial, ou as iniciativas culturais e investigadoras, como o Instituto Galego de Información ou Edicións do Castro. A exposición contará co asesoramento dun amplo comité de expertos, entre eles Iria-Friné Rivera Vázquez, historiadora da arte e colaboradora de HdG.

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...