fbpx
Panel informativo das Salinas do Seixal / foto A Guarda. Mar de Sal

Estragan os paneis informativos das salinas do Seixal riscando os textos en galego

Tempo de lectura: 2 min.

Os pés do mítico monte de Santa Trega, na parroquia de Camposancos, na Guarda, atópase un dos complexos de produción de sal máis importantes de todo o imperio romano. Trátase dun xacemento estimado en máis de 150 metros cadrados do que se levan escavado máis de 50 e que nos permite comprobar como o Imperio conseguía un dos seus elementos máis importantes, o seu sal.

Escavado en varias campañas, a última delas en 2019 o xacemento foi rotulado con paneis divulgativos metálicos, nos que calquera visitante pode informarse e coñecer como era unha industria de salgadura en época romana, así como a importancia das factorías atopadas na Rías Baixas.

Salinas da Guarda / foto Concello da Guarda

Porén, ó longo da última fin de semana os paneis das salinas foron vítimas dun acto vandálico. Pois, tal e como se publicaba o Concello da Guarda nas súas redes sociais, os paneis apareceron con pintadas negras riscando o texto. Porén cunha singularidade, tan só foron tachados os textos en galego, no que semella un ataque específico contra este idioma.

Un ataque ó proxecto A Guarda. Mar de Sal

O Concello da Guarda xa condenou publicamente o acto. Foi a través da Concelleira de Patrimonio Montserrat Magallanes, quen lamentou o ataque contra os paneis que forman parte do proxecto A Guarda. Mar de Sal. Os paneis que ilustran as salinas da Lagoa e do Puntal, forman parte dun proxecto no que a Consellería do Mar investiu preto de 75.000 €. Magallanes afirmou que os paneis serán recuperados nos próximos días.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...