fbpx
Vela aínda apagada, detalle da web

Queres prender unha vela de xeito virtual na catedral de Santiago?

Tempo de lectura: 2 min.

No momento no que escribimos este artigo habería un total de 589 velas prendidas virtualmente na catedral de Santiago. Tamén 100.910 velas prendidas dende o inicio da proposta e dende un total de 108 países. Trátase dunha iniciativa xestionada dende a páxina web da catedral de Santiago e que se pode facer de xeito completamente gratuíto.

A vela permanece acesa, xunto con moitas outras, durante 48 horas. Invítase ademais a que os fieis a compartan para que outras personas de diferentes lugares do mundo a manteñan acesa durante máis tempo. O xesto enténdese como un símbolo de espiritualidade e oración, “nun camiño cara o interior de un mesmo”, adaptando a antiga tradición ás novas tecnoloxías.

Lampadario dixital, detalle da web

Pois, como se recolle na web, “prender unha vela é, en todo o mundo, un xesto de espiritualidade. Reflexiona sobre as túas intencións para prender unha vela virtual: elevar unha oración en memoria dos teus seres queridos, por unha causa solidaria, por unha promesa, un propósito personal o felicitar a un amigo”. A vela permanece acesa xunto coas túa intención e o teu nome e iniciais.

Porén, aínda que o feito de prender a vela de xeito virtual é un proceso completamente gratuíto, “a Catedral de Santiago agradece calquera contribución ou donativo para manter vivo o lampadario dixital“. “As contribucións destinaranse a garantir o funcionamento diario da Catedral e facilitar o seu carácter aberto como espazo de oración e de visita cultural para todas as persoas”.

Botafumeiro na catedral compostelá / fot acastro19850CC0

Pode que che interese...