fbpx
Dolmen de Pedra Cuberta / foto Concello de Vimianzo

Vimianzo converte o dolmen de Pedra Cuberta nun dos seus protagonistas do verán

Tempo de lectura: < 1 min.

Unha intervención moi pouco invasiva. Unha limpeza, cartelería discreta pero ilustrativa e unha boa axenda cultural. Estes son os elementos que poden converter un elemento neolítico esquecido nun referente monumental. Isto é o que fixo o Concello de Vimianzo este verán co dolmen de Pedra Cuberta, na parroquia de tal.

E é que o dolmen, un dos mellor conservados da Costa da Morte e cunha das mámoas en mellor estado e máis facilmente visibles, foi preparado e limpo, xunto co de Pedra da Moura a comezos de verán coa supervisión dunha empresa de arqueoloxía. Dende aquela é un dos atractivos das visitas guiadas que se están a facer na localidade, onde ocupa un espazo de seu.

Visitas guiadas ó dolmen de Pedra Cuberta / foto promocional Concello de Vimianzo

O dolmen pode ser visitado coa excelente explicación dun guía municipal de martes a venres ás 16 horas da tarde. A visita, que por motivos da Covid-19, require reserva de praza, pode visitarse inscribíndose a través de enderezo electrónico ou de whatsapp. Dende aquí, todo aquel interesado pode seguir ademais pola súa conta a Ruta dos Dolmens da Costa da Morte, pois este é un dos seus puntos de inicio.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...