Lalín e Agolada rehabilitan a última das seis pontes medievias que uniron o Deza coa Ulloa
A Ponte dos Cabalos, entre os concellos de Lalín e Agolada é unha das pontes máis antigas da comarza do Deza. Data do ano 970 e era unha das seis pontes que se contruíron na Idade Media para enlazar Deza coas terras de Antas de Ulla. Forma parte dun Camiño Real que unía Lalín e Taboada e ten unha singular feitura, con dous grandes arcos de medio punto e un paso alintelado con grandes laxes de pedra. Hoxe forma parte do Camiño de Inverno.
Mais a Ponte dos Cabalos verá pronto nova vida. Pois estanse a desenvolverse xa as obras de rehabilitación da ponte, promovidas polos Concellos de Lalín e Agolada. As obras contan cun orzamento de 115.000 euros, aportados por ambos concellos coa participación do GDR Pontevedra Norte.
As obras consistirán na recuperación das pedras da ponte caídas ó río, que serán colocadas no seu lugare. Recuperaranse tamén os peitorís, algún soportes e colocaranse unas escaleiras de acceso na ribeira da Agolada. Tamén se colocarán bolardos de pedra en ambas marxes para evitar o acceso de maquinaria pesada. Recolle a nova o Faro de Vigo.