Que facían os gregos na Gallaecia hai 2.600 anos? | Historia de Galicia
Ánfora de orixe grega atopada en Ribadeo. ARMADA ESPAÑOLA

Que facían os gregos na Gallaecia hai 2.600 anos?

Tempo de lectura: < 1 min.

O arqueólogo e submarinista Miguel San Claudio está inmerso na procura de vestixios de máis de 3.000 anos de antigüidade nas costas galegas onde asegura que hai “moitísimos restos e moi importantes” que explican a súa historia e a doutros puntos de Europa. “Cando comecei a facer arqueoloxía subacuática en Galicia había xente que dicía que non se podía conservar nada nun mar tan bravo, pero xa demostramos que si”, enfatiza.

Entre os vestixios máis valiosos para el figura un ánfora de orixe grega, que data do século VI antes de Cristo, achada no porto de Ribadeo, que “leva funcionando como tal case 3.000 anos“, sostén tal e como recolle o Xornal da Mariña.  “Iso foi un achado interesante que demostra a navegación atlántica moito antes de Roma e a importación de bens de consumo a través do mar“, explica San Claudio, con 20 anos de experiencia en investigación do Patrimonio Cultural Submariño.

Tamén o foi atopar un galeón en “incrible bo estado, grande e poderoso” en Ribadeo, que está en proceso de estudo, ou outros afundidos na contorna de Finisterre. Entre outros restos de importancia cita un cepo de ancora romana atopado no porto da Coruña, o que explicaría a navegación en época romana desde o porto da torre herculina. “Estamos aos poucos desentrañando as brumas que nos oculta ese pasado. Fronte ás costas galegas pasou toda a historia europea dos últimos tres mil anos, sendo conservadores”, apostila. Toda a información en Xornal da Mariña.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: