A asociación cultural “Segredos de Pantón” denuncia unha talla ilegal realizada durante o confinamento nun monte caducifolio de ribeira na parroquia de Pantón.
Nunha comunicación remitida a Historia de Galicia, esta asociación destaca que en pleno confinamento, no pasado mes de abril, parte da veciñanza de Moreda púxose en contacto con ela para dar conta dun “atentado natural”.
Desfeita provocada por maquinaria pesada en San Romao de Moreda, en Pantón / Segredos de Pantón
“Na freguesía de San Romao de Moreda tivo lugar unha tala ilegal dun bosque caducifolio de ribeira dentro do curso protexido do río Carabelos e tamén dun fermoso bosque de abelairas. A maiores de todo isto se non fóra suficiente no bosque caducifolio de carballos estaban os restos do muro perimetral do antigo priorado bieito de San Romao de Moreda. Os devanditos restos foron destrozados por maquinaria forestal pesada”, apunta.
A Sociedade Galega de Historia Natural presentou xa a pertinente denuncia tras constatar ante a Consellería de Medio Rural que a tala foi ilegal. Máis información no Xornal de Lemos.
Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta
Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Coñecer máis