A Costa da Morte terá por fin un Museo dos Naufraxios
A Costa da Morte terá por fin un museo dedicado ós seus naufraxios. Será grazas á iniciativa do Concello de Camariñas que converterá, tras a cesión por parte de Portos de Galicia, a súa hoxe abandonada Lonxa Vella en museo.
O edificio, situado en pleno porto da vila e ó pé do renovado paseo, atópase dende fai anos baleiro e en estado ruinoso. O museo situaríase no corazón da vila, non lonxe do Museo do Encaixe e relativamente preto d en enclaves como o Cabo Vilán, o Cemiterio Inglés ou a duna rampante de Trece.
É por isto polo que o proxecto podería converterse nun verdadeiro referente para o turismo da zona. Ademais de converterse no Museo dos Naufraxios a Lonxa Vella tamén contaría cunha sala que albergara conferencias ou cursos formativos e un amplo espazo dedicado a cafetería.
- Paseo e porto de Camariñas / foto Turismo de Camariñas
- Lonxa Vella no porto de Camariñas / foto Turismo de Camariñas
- Vila de Camariñas / foto Turismo de Camariñas
Un proxecto en busca de financiamento
Para isto precísase que a Xunta efectúe a transferencia da titularidade do inmoble e que o goberno local envíe a Portos de Galicia o proxecto para a recuperación do edificio e a modificación de usos. É por isto que o o pasado día 30 se desenvolveu unha reunión telemática na que participaron a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e a concelleira Encarna Liñeiro.
A alcaldesa Sandra Insua avanzou que se están intentando apurar os prazos para poder optar a diferentes axudas que permitan desenvolver o proxecto, como as do GALP. Subliñou tamén o importante esforzo que fará a vila para desenvolver o proxecto “darlle utilidade ó edificio e poñer en valor parte da historia de Camariñas”.
- Facho de Cabo Vilán / foto Turismo de Camariñas
- Cemiterio dos Ingleses / foto Turismo de Camariñas
- Duna de Trece / foto Turismo de Camariñas