fbpx
Chan de lastro como o de Concheiros en Santiago de Compostela / foto Fritz_the_Cat CC0

O Concello de Santiago adxudica a reforma da histórica rúa Concheiros

Tempo de lectura: < 1 min.

A reforma da rúa dos Concheiros xa foi adxudicada. O Concello de Santiago de Compostela reformará a histórica vía de entrada do Camiño de Francés na cidade por preto de 2,2 millóns de euros. Trátase recuperar unha vía de entrada fundamental na cidade histórica, pero ó mesmo tempo, segundo o seu alcalde, de manter a funcionalidade urbana para os residentes do lugar.

A obra prevé un tratamento especial para o lugar, con beirarrúas de moito maior tamaño e pavimentos de formigón e pedra fronte a actual lastro, mantendo a feitura dunha vía urbana. A obra, coordinarase e manterá a estética coa que está a desenvolver neste momento a Xunta de Galicia no cruce coa Avenida de Lugo, dentro do plan de Accesos do Camiño de Santiago, ó que pertence o polémico Obradoiro de Conxo.

Para o alcalde Bugallo trataríase  “dunha actuación complexa porque hai que facer a obra mantendo os servizos” á cidadanía. É por isto que a obra terá un prazo de execución de 9 meses e agárdase que estea rematada de cara o vindeiro Ano Santo, en concreto cara o mes de xuño do mesmo. A reforma foi aprobada no pleno municipal do pasado día 20 e adxudicada á UTE XAC-OREGA ou UTE Concheiros cun orzamento de preto de 2,2 millóns de euros.

Santiago de Compostela / mumuenaCC0

Pode que che interese...