Ourense comeza a corta de árbores no entorno da súa Ponte Vella
A finais do mes de xullo o colectivo Usuarios do Parque do Couto e as Amigas das Árbores de Ourense daban a alarma. O Concello de Ourense presidido por Gonzalo Pérez Jácome cortaría un número indeterminado de árbores no Parque dos Remedios, ó pé da Ponte Vella de Ourense. O obxectivo sería obxectivo de deixar libres as vistas sobre a propia ponte, pois a corta formaría parte do proxecto da súa posta en valor.
Agora, catro meses despois, as novas sobre as cortas convertéronse en realidade, e tal e como se pode comprobar desapareceron xa algúnhas árbores de gran tamaño ó pé mesmo da ponte. Segundo Usuarios do Parque do Couto “o parque perderá o seu debuxo orixinal e a veciñanza perderá unhas árbores que lle dan vida e sombra”. Plantexan, ademais unha reflexión de fondo, “pódese perder patrimonio verde para que se vexa o patrimonio pétreo, en detrimento do patrimonio social e humano que somos toda a veciñanza?”.
- Primeira corta de árbores no Parque dos Remedios de ourense / foto Amigas das Árbores de Galicia
- Primeira corta de árbores no Parque dos Remedios de ourense / foto Amigas das Árbores de Galicia
- Primeira corta de árbores no Parque dos Remedios de ourense / foto Amigas das Árbores de Galicia
Cortar as árbores ó pé dos monumentos?
A nova, que veu cargada de polémica non foi a única na cidade. Pois no mesmo mes de xullo o consistorio anunciaba tamén a corta dun enorme cedro na praza dos Suaves, ó pé mesmo da cabeceira da catedral. A nova tivo unha gran repercusión na cidade, dando lugar a manifestacións nas que mesmo participou mesmo Yosi, o membro do grupo que lle dá nome a praza.
O obxectivo era exactamente o mesmo, a corta da árbore que limitaba as vistas sobre a cabeceira da catedral. É por isto que a polémica abriu un intenso debate, é adecuado cortar cortar as árbores da contorna dun monumento para ampliar as vistas sobre el? O certo é que non foi o único monumento que sufriu este atentado, que nos últimos tempos se está a repetir en diferentes lugares de Galicia con semellantes protestas sociais, como no entorno do Monte do Castro de Vigo ou na praza de Conxo de Santiago de Compostela.