fbpx
Corredor polos muros do Castro de Santa Tegra / Santiago Vaz - Rede do Patrimonio de Galicia

Responsabilizan ao vento da invasión do castro de Santa Tegra por parte de 200 corredores

Tempo de lectura: 2 min.
A empresa organizadora do Trail do Tegra, di que foi o vento o responsable da modificación da sinalización desta proba, o que provocou que numerosos corredores cruzaran polos muros do castro de Santa Tegra, tal e como denunciou o martes a Rede do Patrimonio Cultural nas súas redes sociais e publicou posteriormente Historia de Galicia. Curiosamente, outras entidades como Apatrigal, en concreto o seu presidente Carlos Coto, tamén fixeron, a posteriori, como propia esta denuncia que partiu inicialmente da Rede do Patrimonio, da que é membro.
“Diante das críticas vertidas, queremos facer as seguintes aclaracións: en ningún momento se quixo pasar por enriba de ningún castro. Como moitos sabedes, ese día os refachos de vento eran importantes, as balizas que bordeaban tal punto foron destruídas e tivemos un problema loxístico que non se puido solucionar”, apuntan os organizadores nun comunicado publicado nas redes sociais.
Como persoas temos erros, e controlar ó 100 % unha proba desta magnitude e nestas circunstancias é moi difícil”, sinalan. E engaden: “unha vez soubemos do problema, puxémonos en contacto con comunidades de montes, Concello, Deputación, Xunta e Patrimonio, explicando ou problema e pedindo desculpas. Ningunha destas entidades ten a responsabilidade do sucedido”.

Participantes nun trail correndo polos muros do castro de Santa Tegra / Santiago BazLomba – Rede do Patrimonio Galego

“Respecto ao patrimonio cultural e natural”
TimeAventure insiste en que a  zona de paso “foi revisada e quedou constatado que non houbo erosión nin destrución do patrimonio”. “Entendemos ou descontento xerado pero, en canto soubemos do acontecido, fomos os primeiros en tomar medidas. A organización ten sempre presente a preservación do patrimonio natural, cultural e humano que conforman a contorna dous eventos”, recolle o seu comunicado.
Así, e tras as críticas recibidas en numerosas contas de redes sociais, os organizadores suliñan que o “comportamento do 100 % deste trail é totalmente cívica e admirable, que somos os primeiros en respectar a natureza e todo o que a rodea e non se pode tachar, por un simple erro, a gran festa que tivo ou municipio nestes tempos difíciles que estamos a vivir”.
Concello da Guarda
Tamén saíu ao paso das críticas o Concello da Guarda que suliña que, “baixo ningún concepto”, se debe permitir ou autorizar calquera acto ou evento, público ou privado, que atente contra o patrimonio arqueolóxico. Así, lembra que a organización do Trail do trega sempre se ten distinguido por un “trato coidadoso co entorno, tanto natural coma histórico“.
“Segundo a organización a invasión dos restos castrexos debeuse a un erro loxístico provocado polo intenso vento nese día. Así o fixeron público nun comunicado no que ademais piden desculpas. O concello comprométese que en futuras edicións non se permitirá o discurso da proba polas inmediacións dos restos arqueolóxicos para evitar este tipo de erros”, aclaran.

Pode que che interese...