fbpx
Colar de zonchos, tradición típica do Día dos Defuntos / ahortadeartes.blogspot.com

Tradicións do Samaín: os colares de zonchos e a as almas liberadas do Purgatorio

Tempo de lectura: < 1 min.

Nenos cun colar de zonchos (castañas cocidas) visitando un cemiterio no Día de Todos os Santos / Apatrigal

Zoncho é a palabra galega para designar as castañas cocidas. Un nome como os múltiples que existen para nomear os distintos tipos de castañas, un dos produtos galegos máis importantes da gastronomía do país durante centos de anos ata que foi sendo substituída pola pataca. Con todo, a castaña segue sendo moi importante na cultura gastronómica e popular de Galicia e está asociada a moitas das nosas tradicións, entre elas, o Samaín, o Magosto ou o Nadal.

Nalgunhas zonas de Galicia, especialmente na comarca das Mariñas, existe o costume de facer colares de zonchos. É algo típico do Día de Defuntos. De feito, en Sada mesmo teñen xa a Festa do zonchos. Segundo a tradición, cada castaña comida representa unha alma liberada do Purgatorio.

Os maiores realizaban a mañá do día 1 de novembro os colares e os nenos saían á rúa con eles postos, ofrecendo os zonchos aos veciños que pasaban, para así liberar o maior número de almas posibles.

A elaboración é moi sinxela. É importante elixir castañas grandes e cocelas. Así o fixeron hai uns días no CEIP Nicolás del Río de Cedeira:

Pode que che interese...