fbpx
Franco e Carmen Polo nos touros / foto Kutxa Fototeka CCBy Wikimedia

Unha marcha “cos protagonistas do roubo” percorrerá o sábado A Coruña para reclamar a Casa Cornide.

Tempo de lectura: 2 min.

Este sábado a partir das 12:30 horas unha marcha percorrerá a cidade da Coruña para reclamar a recuperación da Casa Cornide. A marcha, que sairá da praza de María Pita, estará encabezada por un grupo de gaiteiros e unha comitiva “cos principais protagonistas do roubo do Pazo de Meirás e Casa Cornide”, como Francisco Franco ou a súa esposa Carmen Polo.

E é que a Comisión Aberta en Defensa do Común convocou para o sábado unha marcha cívica para reclamar a recuperación do histórico edifico hoxe en propiedade da familia Franco. Tratarase dun “acto reivindicativo e festivo” na que, segundo o colectivo recrearanse tamén as figuras de Pedro Barrié e a súa esposa, Carmela Arias e dos alcaldes da Coruña Alfonso Molina e Sergio Peñamaría. O acto rematará coa lectura dun manifesto por parte escritor e xornalista Manuel Rivas.

Alcalde Alfonso Molina con Franco / foto histórica – Dani Domínguez Fotos Antiguas de A Coruña

O acto desenvolverase con motivo da solicitude da declaración de Ben de Interese Cultural do excepcional edificio, que será presentado ante a Xunta nas vindeiras semanas.

Esta marcha, que é a segunda desenvolvida na cidade para reclamar a súa devolución, estará convocada por 23 entidades de distintos ámbitos, e esixirá, segundo explican dende a organización, o cumprimento estrito de todas medidas sanitarias de protección fronte á Covid-19. A primeira, feita en outubro de 2018, tivo unha enorme repercusión mediática e foi recollida por medios galegos e estatais como neste vídeo de La Sexta.

 

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: