A xuíza prohíbelle ós Franco baleirar Meirás
Os Franco non poderán baleirar o Pazo de Meirás. Así o ditaminou xuíza de Primeira Instancia número 1 da Coruña, Marta Canales, este mediodía, despois de que este luns a Avogacía do Estado pedira medidas cautelares para evitar o traslado. A xuíza ordena, ademais, un inventario de todos e cada un dos obxectos que se atopan no pazo, tanto os bens mobles como elementos arquitectónicos e obxectos que adornan os xardíns, polo que os Franco non poderán retirar nada.
E é que o vindeiro día 10 de decembro o pazo deberá pasar a Patrimonio Nacional, comezándose o inventario a partir do día 11. O inventario coa colaboración dos técnicos do Ministerio de Cultura e da Xunta de Galicia. A xuíza prohibe retirar nada do seu interior, mentres este non se remate ou a xuíz non o autorice expresamente. Para que se cumpra a súa decisión, a xuíz tamén emitiu un escrito á Garda Civil para establecer un dispositivo de vixilancia no Pazo de Meirás.

Detalle do Pazo de Meirás / foto Loischantada CCBy Wikimedia
Pois o Pazo de Meirás é Ben de interese Cultural, declarado en 2008, e polo tanto tería protección integral, tal e como sinala a maxistrada, polo que a súa protección “esténdese a todos os seus elementos e compoñentes” polo que compre o establecemento de medidas cautelares. Así o solicitaba a Avogacía do Estado recordando que calquera peza “está unida de xeito permanente e permanente ás fincas, edificios ou edificios anexos que se inclúen na propiedade obxecto da reclamación”.