fbpx
Así está quedando o Castro da Subidá, en Marín (Pontevedra) | GC

Acusan ás propias administracións de impulsar “graves atentados arqueolóxicos” en varios castros

Tempo de lectura: < 1 min.

Varios colectivos de defensa do patrimonio e do territorio dirixíronse á Delegación Permanente de España ante a Unesco para instar a esta organización internacional a intervir fronte ás obras de “restauración e musealización” que se están realizando en varios castros da provincia de Pontevedra.

En concreto, estas entidades denuncian as actuacións que se realizan nos castros da Subidá en Marín, de Toiriz en Silleda e de Alobre en Vilagarcía, todas elas impulsadas pola Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, co aval da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta e a colaboración dos concellos.

As asociacións Umia Vivo, Irmandade Illa de Tambo, ANovaTerra e A Forneiriña cualificaron de “agresivas” as intervencións realizadas con “cuantiosos fondos públicos” -a primeira fase adxudicouse en maio deste ano á empresa murciana Patrimonio Intelixente por case 520.000 euros-, á vez que denunciaron a súa “indefensión ante a negativa da Xunta e a deputación a corrixir os proxectos en execución”.

Ademais do “impacto” das obras, que inclúen a instalación de bloques de pedra serrada e estruturas metálicas ancoradas con zapatas de formigón a escasa distancia dos xacementos arqueolóxicos, estes colectivos cuestionan o cumprimento da lexislación estatal e autonómica en materia de protección do patrimonio cultural. Información completa sobre a situación dos tres castros no Galicia Confidencial.

Pode que che interese...