fbpx
Cruceiro destrozado no centro de Madrid | Fonte: Asociación en defensa del patrimonio histórico, artístico, cultural, social y natural de la Comunidad de Madrid

Destrúen un cruceiro en pleno centro de Madrid símbolo do irmandamento con Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

A Asociación Madrid Ciudadanía y Patrimonio (MCyP) denunciou este sábado a través de redes sociais a destrución do cruceiro situado na céntrica praza de Jacinto Benavente.

Segundo informou a asociación en defensa do patrimonio histórico, artístico, cultural, social e natural da Comunidade de Madrid, a través da súa conta de Twitter, “onte (venres) uns individuos -presuntamente baixo efectos do alcol- destruíron o cruceiro de irmandamento con Galicia na praza de Jacinto Benavente“. “O vandalismo, sexa por parte de persoas ou institucións, é inadmisible, destrúenos como sociedade”, agregou tal e como informa Galicia Confidencial.

Pode que che interese...