fbpx
Castro de Santa María de Cervantes / foto Adrián Estévez (Estevoaei) CCBy Wikimedia

Inclúen o castro de Cervantes dende o que se explotaba unha mina de ouro na listaxe de BIC do Estado

Tempo de lectura: < 1 min.

Un poboado de nova planta no que non se atopou ningunha construción de tipo agrario ou gandeiro e no que todas as construcións foron feitas no mesmo momento histórico. O castro de Santa María de Cervantes trataríase dunha construción da cultura galaica que estaría dedicado por completo á explotación das minas romanas que se atopan moi preto de el.

É por isto que este é un dos castros máis excepcionais de Galicia e un dos tres únicos castros da provincia de Lugo declarados Ben de Interese Cultural (BIC), a maior categoría de protección do patrimonio galego. E é que despois dunha moi longa agarda o pasado mes de outubro de 2019 o castro foi declarado Ben de Interese Cultural pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Agora é que o Ministerio de Cultura e Deportes quen incluíu nos pasados días o poboado castrexo no rexistro de Bens de Interese Cultural de España. Anunciouno este xoves a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, afirmando que a identificación do Castro como BIC “contribuirá a mellorar a protección do poboado e a ampliar os numerosos atractivos que xa ofrece a comarca dos Ancares”. Así llo asegurou a representante do Executivo central ó alcalde de Cervantes, Benigno Gómez, a quen tamén felicitou.

Pode que che interese...