fbpx
Monumentro aos mártires de Sobredo, asasinados nunha protesta contra os foros / Xohán Arco da Vella

Lembrando aos Mártires do Sobredo que os franquistas quixeron borrar da memoria con dinamita

Tempo de lectura: < 1 min.

Van xa case cen anos do asasinato de tres veciños de Salceda de Caselas e Tui en Sobredo (Guillarei-Tui). Foi un 28 de novembro de 1922, hai 98 anos. Un feito que quedou gravado na memoria colectiva e que cada ano se lembra cunha ofrenda no coñecido como monumento dos Mártires de Sobredo.

Cándida Rodríguez, embarazada, veciña de Pazos de Reis, parroquia de Tui; e os veciños de Salceda de Caselas, Joaquín Besada, de Soutelo e Venancio González Romero, de Budiño, morreron cando a Guardia Civil disolveu a tiros centos de persoas que se concentraron no lugar para protestaren polo embargo das súas propiedades a un veciño que se negaba a pagar os foros. Dende ese intre, as vítimas convertéronse nun símbolo dunha sociedade agraria duramente torturada e foron tamén símbolo da loita e da forza pública. Dez anos máis tarde, en 1932, ergueuse unh monolito para conmemorar o décimo aniversario dos feitos. Poucos anos despois foi dinamitada polos franquistas tras gañar a Guerra Civil para borrar calquera símbolo de reivindicación agraria. En 1988 comezou a reconstrución do monumento de Camilo Nogueira. Máis información en Xornal de Vigo.

Pode que che interese...