fbpx
A vila de Ribadavia / foto Rede de Estudos Medievais Interdisciplinarios

National Geographic recolle os encantos do patrimonio de Galicia como Monterrei, Rivadavia, Fefiñáns ou a Ribeira Sacra

Tempo de lectura: 2 min.

“Galicia podería entenderse en función das súas cinco Denominacións de Orixe, un novo xeito de dividir a Comunidade, baseado nas súas uvas e viñedos, e na cultura, natureza e patrimonio que as conforman”. “Porque unha viaxe de enoturismo non ten por que deixar de lado o turismo da zona para descubrir os sendeiros que percorren os canóns do Sil ou do Miño, o barrio xudeu de Ribadavia, a estrada que cruzaba o Imperio Romano, a Ruta das Augas Termais ou visitar monumentos históricos moi vinculados ó viño como o Pazo de Fefiñáns”.

Estes son os encantos das cinco denominacións de orixe de Galicia e o inmenso patrimonio monumental que Galicia posúe ligado a el. E é que a revista National geographic ven de fixarse nas paradas obrigadas dun dos destinos turísticos máis recomendables para este outono para os amantes do enoturismo de todo o mundo: Galicia.

Ribeira Sacra / foto danirodriguezfotografiaCC0

O patrimonio e a natureza na D.O. Monterrei, co seu castelo, o Museo do Claustro Mercedario ou a igrexa prerrománica de Mixós; As experiencias das Rías Baixas, como a Ribeira do Ulla, o Pazo de Fefiñáns ou as máis de 180 bodegas da D.O.; A Ribeira Sacra, natureza en estado puro, cos seus canóns e bancais e a súa candidatura a Patrimonio Mundial; O magnetismo do Ribeiro, coas súas aldeas “medievais, xuderías, castros, pazos e mosteiros” e, como non, a vila de Ribadavia; ou Valdeorras, e o lugares de paso das antigas vías romanas.

Todas estas son as excepcionais maravillas patrimoniais, naturais e turísticas que o noso territorio ten ó redor da cultura do viño. “Porque o viño en Galicia está ligado á terra e a todo o que sucede ó seu redor, de aí que estas rutas permitan ós visitantes descubrir a posibilidade de coñecer as orixes dun lugar e a súa vinculación coa viticultura. Que estas cinco Rutas do Viño sexan o pretexto perfecto para percorrer cada unha das zonas de arriba a abaixo” afirman dende a publicación.

Pazo de Fefiñáns / foto Turismo de Galicia

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...