fbpx
Pazo de Meirás / foto Edans CCBy Wikimedia

Os Franco baleirarán o Pazo de Meirás con entre 30 e 50 camións

Tempo de lectura: 3 min.

“O movemento é inminente. Podería ser mañá ou dentro de catro días”. “Os herdeiros van baleiralo porque o que hai dentro é propiedade da familia”, din dende o entorno dos Franco, tal e como publicaba no mediodía de hoxe o xornal La Razón. “Saben que é inminente, pero recoñecen que serán necesarios entre trinta e cincuenta camións en movemento ou os necesarios para mover as pertenzas do palacio e anexos galegos”.

E é que, segundo a información aparecida nese xornal, os Franco están a ultimar unha gran mudanza para o baleirado do Pazo de Meirás. Trátase dunha inmensa cantidade de obras de arte, elementos patrimoniais, antigüidades, esculturas, tapices ou pinturas de autores como Soutomaior ou Zuloaga. Tamén o Abraham e Isaac do Pórtico da Gloria ou a pía bautismal do Mosteiro de Moraime do século XII.

E é que antes do 10 de decembro os Franco teñen que devolver o pazo. Así o sentenciou o Xulgado de Primeira Instancia da Coruña e así foi solicitado dende o goberno do Estado, ó que os Franco decidiron non opoñerse, aínda declarando que é de xeito provisional, pois tras a apelación da Familia o xuízo se atopa na Audiencia Provincial da Coruña. O pazo, que, como se demostra na sentenza, foi propiedade da Xefatura do Estado, non dos Franco, pasará a ser xestionado por Patrimonio Nacional.

Entrada do Pazo de Meirás / foto Ird Ge CCBy Wikimedia

Porén, segundo esta información, pretenden entregalo non antes de levándose todos os seus obxectos de valor. “Aí o número de camións en movemento implicados no desaloxo do pazo. Aínda que é certo que nos pisos superiores e na área de servizo hai elementos comúns que non precisan moita atención, como o sofá abarrotado onde se pode deitar a ver a televisión e algunha mesa de centro Ikea infiltrada” como se afirma dende a publicación de Paco Maruenda.

Protocolos para as estatuas BIC e para os elementos catalogados

“Cando Franco asumiu a propiedade en 1938, durante a Guerra Civil, as herdeiras do ilustre escritor nin sequera puideron recuperar ningunha das súas pertenzas. Aínda queda parte da biblioteca Pardo Bazán, uns 3.200 libros, que a Real Academia Galega acaba de catalogar, despois de varios anos de duro traballo”, recordaba sobre o tema elDiario.es, que tamén recolleu a nova.

Detalle do Pazo de Meirás / foto Loischantada CCBy Wikimedia

Mais polo de agora descoñécese exactamente que elementos se levarán e a onde. Con respecto ás estatuas de Abraham en Isaac hai un ano, a Xunta declarounas como un ben de interese cultural (BIC), o que obriga ós seus propietarios a estar expostos ao público catro días ó mes. Tamén se obriga a comunicar á Dirección Xeral de Patrimonio o seu paradoiro. Mais “a Consellería de Cultura rexeitou responder ás preguntas de elDiario.es sobre o estado e situación destas esculturas e se se informou da súa retirada da propiedade”.

E é que segundo recolle o xornal de Ignacio Escolar, o Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, se ben anunciou que xa esixiu formalmente a Madrid que se faga cargo da xestión da propiedade, “limitouse a pedir ‘prudencia’ respecto ó seu contido. Lembrou que cando as Torres de Meirás foron declaradas BIC en 2008, a Xunta fixo un catálogo de todos os bens que había no seu interior”. Pola súa banda o BNG reclamou unha intervención urxente do Goberno galego para “garantir e salvagardar os bens que forman parte do patrimonio público e que son o resultado do espolio franquista”.

Pazo de Meirás / fonte Wikimedia loischantada CCBy

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...