Queres coñecer o seu patrimonio cultural e natural camiñando por Ribadumia?
O Concello de Ribadumia estrea unha nova app para amosar todo o seu patrimonio cultural e natural. Trátase da nova aplicación Rutas Ribadumia, unha nova canle de comunicación de turismo do concello e unha nova forma de interacción cos sendeiros e co patrimonio cultural de Ribadumia.
Rutas como a “Ruta do pan” que nos leva a través desta app a unha aventura e coñecemento da historia a través dos muíños, o “Sendeiro do paseo fluvial do Umia” ou a “Ruta da pedra e da auga”, permitirán descubrir coa axuda da tecnoloxía as marabillas do concello.
A aplicación ademais de amosar toda a información das vereas e pódese usar como GPS para facer as súas rutas de sendeirismo. Ademais disto, tamén incorpora unha opción de “procura do tesouro”, que esta pensada para que os mais pequenos poidan aprender mais sobre o seu concello mediante un pequeno xogo, onde se iran espallando pistas ata chegar o final da busca.
A aplicación tamén conta cun apartado de comunicación cos servizos turísticos do concello, cunha sección de novas, onde se irán publicando as ultimas novas sobre os diferentes roteiros e eventos de procura do tesouro, e tamén conta con notificacións para manter aos usuarios informados cos últimos avisos que se produzan nos vieiros ou novos itinerarios.