fbpx
Detalle do Pazo de Meirás / foto Loischantada CCBy Wikimedia

Técnicos de Patrimonio entran finalmente en Meirás

Tempo de lectura: < 1 min.

Tal e como estaba previsto, ás 10:30 da mañá de onte unha decena de persoas entraba no Pazo de Meirás. Tratábase de técnicos da Consellería de Cultura, avogados e un membro da familia Franco. Tamén a xuíza que proclamou sentenza sobre o pazo. Tratábase de desenvolver o inventario que ela mesma ordenara, evitando que, tal e como recollía un medio nacional os Franco baleirasen o pazo.

Os técnicos fotografaron e gravaron en vídeo os bens e comezaron co traballo de inventariado, que continuará durante un tempo non precisado. As forzas de seguridade custodiarán os seus bens ata que o 10 de decembro a familia entregue finalmente o pazo. A visita dos técnicos estivo custodiada por un amplo destacamento da Garda Civil.

Pode que che interese...